top of page

Historia

O PRODUTO

O requeixo é un queixo fresco que orixinariamente se elaboraba exclusivamente con leite cru en todas Galicia, como alimento habitual. Pouco a pouco a presencia de iogures e produtos industriais, xunto coa desaparición de moitas granxas foi limitando a súa elaboración, pasando a ser algo especial que se preparaba especialmente para agasallar ao visitante ou en celebracións especiais.


A nivel de elaboración, en pequenas queixerías a normativa, tanto por non permitir a elaboración con leite cru como por unha mala tradución, non permitíu a súa fabricación; polo que foi desaparecendo totalmente para o público, agás nos casos en que cada familia o seguía elaborando para consumo propio.


No 2003, CampoCapela, pequena cooperativa de produtores de leite, e tendo como precedente o consumo habitual na zona e unha festa que xa levaba máis de doce anos, decidiu elaboralo para comercializar. Os impedimentos polos organismos oficiais foron enormes e pasaron case dous anos ata que, despois de demostrar que se podía facer un queixo (requeixo) fresco de leite cru e san, permitiuse a fabricación.

bottom of page