top of page

O requeixo é un produto tradicional galego con moitos séculos de historia. Cantos? A saber! Elabórase a partir do callo do leite de vaca, que  se forma ao quecer o leite a pouca temperatura. Acto seguido déixase espremer dentro dunha bolsa de lenzo para separar a graxa do soro a gusto do comensal. Finalmente só queda servilo con azucre ou mel, coma se fose un iogur enxebre.

Unha cooperativa leiteira de A Capela está a traballar para que se recoñeza a singularidade deste produto. Nós consultamos con estes profesionais da gandería para que ensinarvos que é o requeixo.

"REQUEIXO"?

ISO CÓMESE?

Qué é o requeixo?

O requeixo é unha variedade de queixo fresco  que se elabora a partir do leite das vacas.

Ten unha textura cremosa, con grumos. O seu sabor, por si só, é acedo; por iso se acompaña con azucre ou con mel.

É un dos postres favoritos na zona da Capela para comer en familia e en convites e festas patronais. 

Existe unha confusión co requesón, que é unha variedade que se elabora a partir do soro e que nada ten que ver co requeixo. En realidade, o requesón é un subproducto do requeixo.

I'm a paragraph. Click here to add your own text and edit me. It’s easy. Just click “Edit Text” or double click me to add your own content and make changes to the font. Feel free to drag and drop me anywhere you like on your page. I’m a great place for you to tell a story and let your users know a little more about you.

This is a great space to write long text about your company and your services. You can use this space to go into a little more detail about your company.

Como se fai?

Primeiro día: O leite ponse preto do lume para que calle.


Segundo día: Cando o leite está callado  sepárase a tona retirándoa cunha culler con coidado para que non se mesture. Esta tona consérvase nun sitio frío. O leite callado e desnatado  métese nun saco de fío para poñer a decorrer ata que quede una pasta branda.


Terceiro día: Vacíase a pasta do saco e engádeselle a tona que se lle quitara. Esta é a forma tradicional. En CampoCapela o terceiro día mezclan a pasta con un pouco de nata.

A CAPELA

A Capela é un concello situado no norte da provincia da Coruña, lindeiro co concello de San Sadurniño polo norte e co concello de Monfero polo sur. Ao leste compártese fronteira co concello de Cabanas, tendo territorio colindante tamén cos concellos de Fene e Neda. E finalmente, polo oeste, linda co concello das Pontes. É un concello pequeno que se atopa a medio camiño entre Pontedeume, Ferrol e as Pontes.

Ten un patrimonio natural moi rico, alá onde se mire, todo é verde. Ademáis, conta con dúas reservas naturais moi importantes: as Fragas do Eume e a Serra do Forgoselo. Está atravesada por tres ríos: O Eume, o Belelle e o Sesín, que deixan unha paisaxe de outeiros, montañas e vales moi característica e moi apropiada para a cría de gando vacún, tanto destinado ao leite como á carne.

O requeixo non é un invento novo, o que pasa é que nalgúns sitios perdeuse a sua tradición

Ana Vence, Secretaria de CampoCapela

bottom of page